Portal web da Xunta de Galicia: toda a información, procesos e procedementos administrativos, actualidade e servizos telemáticos da Administración pública galega.
Portal web da Xunta de Galicia: toda a información, procesos e procedementos administrativos, actualidade e servizos telemáticos da Administración pública galega.
Á Secretaría Xeral da Igualdade é o órgano superior da Administración autonómica ao que lle corresponden, entre outras funcións, o deseño e xestión das políticas da Xunta en materia de igualdade, erradicación da violencia de xénero e promoción da corresponsabilidade entre mulleres e homes no eido persoal, familiar e laboral.
A SXMIT é o órgano superior da Administración autonómica de Galicia ao que lle corresponde o impulso, asesoramento técnico e apoio en materia de tecnoloxías da información e das comunicacións e a súa aplicación para a modernización, innovación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia.
A Comisión para a Cidadanía e a Igualdade de Xénero (CIG) é un servizo central da administración directa do Estado de Portugal, tutelado pola Secretaría de Estado dos Asuntos Parlamentarios e Igualdade, e ten como misión garantir a execución de políticas públicas no ámbito da cidadanía e da promoción e defensa da igualdade de xénero, ben como contribuír para a integración da dimensión de xénero en todas as políticas gobernamentais.
A Fundación para o Fomento da Calidade Industrial e Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia ten entre os seus obxetivos a promoción, difusión e aplicación de políticas en materia de calidade, tecnoloxía e innovación.